RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo e Víctor Sánchez do Amo amplían o seu proxecto profesional común ata 2017

  O Real Club Deportivo e o corpo técnico encabezado por Víctor Sánchez do Amo formalizaron esta mañana en Abegondo a continuidade do proxecto profesional iniciado o pasado mes de abril ata xuño do añou 2017. V&

O presidente foi o encargado de abrir o acto, explicando que "a convocatoria desta rolda de prensa é para comunicar algo que particularmente, persoalmente, e como Club estamos moi contentos e moi alegres de anunciar: a continuidade de Víctor Sánchez do Amo e o seu corpo técnico á fronte do noso proxecto deportivo para o próximo ano. Hai un tempo nesta mesma sala de prensa falabamos de que estabamos en negociacións dun vínculo a longo prazo que segue estando aí a pesar de que desde o punto de vista formal asinámolo por un ano, pero coa mesma ilusión".

Sobre ese aspecto Tino Fernández engadiu que "en absoluto significa que non haxa nin un milímetro de perda de confianza. Todo o contrario. Realmente nós entendemos, nun momento determinado nas negocaciones, que á hora de redactalo, a propia situación económinca do Deportivo condiciónanos moitas veces á hora de facer planificacións a longo prazo. Por iso a mellor maneira de resolvelo era ir facéndoo ano a ano. Tampouco lle demos maior importancia. Realmente o que nos ilusiona é o proxecto deportivo, é a maneira de traballar, son os resultados, que evidentemente no fútbol profesional é o importante, é o enganche coa afección e todo iso é unha evidencia. Estamos aí, temos a sorte de renovar ao que a propia Liga nomeou mellor adestrador e que como el ben di, comparte co seu equipo técnico, que loxicamente tamén quedan Nacho (Oria), Carlos (Morais) e David (Doniga) connosco. Tamén teñen unha parte importante do mérito de todo o que se está conseguindo".
 
Por todo iso, o máximo dirixente branquiazul cre que se trata dun "momento de alegría e satisfacción porque acertadamente onte un amigo meu dicíame que o adestrador é patronal, para nós é un membro do equipo de dirección. Ter unha sintonía moi alta e moi boa química, de relación continua e de comentar todas as cousas eu creo que é unha das claves do éxito. Esa maneira de relacionarnos, polo menos esa é a miña sensación e a do Consello de Administración, pois unido a ese traballo, a esa ilusión, a esa preparación dos partidos... todo iso son os ingredientes que dan para nós a día de hoxe é unha campaña de éxito, que esperemos que siga por onde está, que se confirme".
 
Subliñou que "non nos podemos esquecer onde estamos en canto a capacidade económica, recursos... E onde estamos tamén na clasificación. Todo ese diferencial é o resultado dese traballo e desa maneira de levar as cousas".
 
Concluíu o Presidente que ten "a mesma ilusión daquela primeira vez que nos vimos aquí para falar deste proxecto renovamos esta nova etapa que, desde logo se todo vai ben e vai ir ben, estou seguro que se renovará máis veces, como pasou tamén con outros adestradores aquí no Deportivo, adestradores importantes, e noutros equipos. Se por min fóra, non tería outro adestrador mentres estea no Deportivo".
 
Víctor Sánchez tomou a palabra para cualificar de gran "noticia" o motivo desta convocatoria de prensa: "moitísimas grazas a Tino, moitísimas grazas a Fernando Vidal e a todo o Consello por depositar a súa confianza en nós de face á próxima tempada. Compartir ese esforzo que facemos día a día todo o noso equipo de traballo e o agradecemento aos xogadores, porque entre todos máis a afección, é o que nos fai máis fortes e estar unidos para seguir traballando".
 
Resaltou o técnico deportivista  que "a nosa relación co Deportivo vai moito máis alá do que se escriba nun papel. Ten moita máis importancia esa sensación que temos de querer compartir xuntos moitos anos e é o único que temos na cabeza este corpo técnico. Que a nosa motivación é poder pasar aquí moito tempo axudando ao Dépor a crecer. O único que nos motiva e ilusiona a pesar de que o Presi moitas veces manifestou publicamente o seu medo de que veña un equipo importante e podámonos ir. Para nada. Non se nos pasa pola cabeza. O único que se nos pasa pola cabeza é traballar no Deportivo canto máis tempo mellor, con ese único obxectivo de pór o noso granito de area para axudar a crecer ao Club".
 
Para finalizar insistiu Víctor en que "o noso traballo é un traballo de equipo e o rendemento é o froito da unión de todos os elementos que participan niso. Non queremos ningún protagonismo que non nos corresponde, nun mundo do fútbol onde os únicos protagonistas son os xogadores".