RCD / NOVAS

O Deportivo participa mañá nas Xornadas sobre deporte inclusivo da UDC

30/11/2017 19:26

O RC Deportivo participará mañá venres 1 de decembro nas 'Xornadas sobre deporte, lecer e turismo na diversidade funcional', con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o vindeiro domingo 3 de decembro.

A Universidade da Coruña (UDC) organiza estas xornadas, nas que tomará parte a Deportivo mercé á formación do seu equipo de persoas do colectivo DI (discapacidade intelectual), que participa na primeira edición de LaLiga Genuine.

Na mesa estarán, desde as 10:30 até as 11:30 horas, Pablo Barros, adestrador do equipo de LaLiga Genuine, e a coordinadora da Área Educativa do Club, Marisol Arias Barja, que compartirán as súas impresións no apartado 'Deporte adulto'.

As xornadas, que terán lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, no Campus de Elviña, estenderanse desde as 9:00 até as 20:00 horas.