RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O equipo viaxa este xoves a Albacete despois de adestrar en Abegondo

O Deportivo emprenderá este xoves 16 de agosto viaxe a Albacete para visitar o Estadio Carlos Belmonte o venres 17 (22:00 horas, Gol), na primeira xornada de LaLiga 1|2|3.

A expedición branquiazul desprázase á cidade manchega, vía Madrid, despois de realizar un adestramento en Abegondo.

Após o partido, o regreso será o sábado 18 de agosto directo á Cidade Deportiva para realizar unha nova sesión de traballo.

O plan de viaxe é o seguinte:

Xoves 16 de agosto

10:30: Adestramento en Abegondo

16:15: Saída do voo do Aeroporto da Coruña (UX 7236) con destino Madrid-Barajas

17:25: Chegada aproximada a Barajas e traslado en autobús até Albacete

20.15: Hora aproximada de chegada a Albacete e aloxamento no Hotel Los Llanos

Venres 17 de agosto

22:00: Albacete - Deportivo, no Estadio Carlos Belmonte

Sábado 18 de agosto

9:30: Saída en autocar desde Albacete destino ao Aeroporto de Madrid-Barallas

14:15: Saída do voo de Madrid (UX 7235) con destino ao Aeroporto da Coruña

15:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña e traslado a Abegondo

16:00 (hora aproximada): Adestramento en Abegondo