RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril cae nas Pontes vítima dos seus erros defensivos

O Fabril caeu derrotado no campo do Poboado (3-2) ante o CD As Pontes vítima dos seus erros defensivos.

Cun 3-0 no minuto 57, e cando todo parecía visto para sentenza, os goles de Barba e Guille Bueno, este en colaboración cun futbolista local, volveron meter ao filial no partido. Faltou tempo para ese arreón final e fortuna para polo menos rescatar un punto.

Co resultado deste encontro correspondente á 17ª xornada, o Fabril é quinto na táboa do subgrupo A de Terceira División con 21 puntos e tres partidos menos.

Fabril: Pablo Brea, Iván Guerrero, Yuste, Juan Rodríguez, Guille Bueno, Kanouté, Barba, Manu Mosquera, Javi Sánchez, Adri Castro e Boedo. Tamén xogaron: Pescador, Yeremay, Sarmiento, Juan Cambón e Javi Sanmartín.

O vindeiro domingo 21 de febreiro ás 16:30, o Fabril visita ao CSD Arzúa, ás 16:30, en partido correspondente á 15ª xornada que foi aprazado no seu día por COVID-19.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril - Silva SD, o mércores 24 de febreiro ás 19:30
CSD Arzúa - Fabril, o domingo 21 de febreiro ás 16:30 no Viso
Fabril - Racing Villalbés, aprazado
CD As Pontes 3 - Fabril 2 (Barba e Guille Bueno)