RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril disputa mañá martes un amigable en Abegondo ante a Selección Galega

O Fabril, hoxe luns con xornada de descanso, ten mañá martes 13 de setembro unha cita amigable. Será en Abegondo a partir das 19:00 horas ante a Selección Galega.

Despois do triunfo onte en Paiosaco (0-1) na primeira xornada de liga en Terceira RFEF, Óscar Gilsanz citou para este encontro a todo o seu cadro. Causan baixa por lesión Davo, Martín Ochoa e Tim.

O Fabril volverá á liga o domingo 18 de setembro ás 12:00 na Cidade Deportiva ante o Alondras CF, na 2ª xornada de Terceira RFEF.