RCD / NOVAS

O Fabril finaliza a súa pretemporada con vitoria no Trofeo Cidade de Betanzos

05/09/2021 21:27

O Fabril enfrontouse ao Betanzos CF no Municipal García Hermanos no seu último test de pretemporada. O conxunto local, un histórico do fútbol galego, milita actualmente en Preferente Autonómica. En xogo estivo a XI edición do Trofeo Cidade de Betanzos, que veu para A Coruña (0-2) grazas aos goles de Runy e Juan Cambón no primeiro tempo.

Foi novidade no encontro a última incorporación do Fabril, Víctor Manuel Castaño Terrazas 'Runy' (Hornados, Badaxoz, 17 de novembro do 2000). Este extremo dereito xa xoga e golea ás ordes de Óscar Gilsanz procedente do UD Extremadura.

Á marxe de Noel, Yeremay e Trilli, todos eles en dinámica do primeiro equipo, causaron baixa Davo, convocado co Deportivo para visitar ao CD Tudelano; e Dani Barcia, concentrado coa selección española sub-19 do mesmo xeito que Noel e Trilli, citados anteriormente.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, Juan Rodríguez, David Suárez, Brais Val, Mario Domínguez, Javi Sanmartín, Runy, Barba, Juan Cambón e Víctor. Tamén xogaron: Mario Vázquez, Jairo, Álex González, Álex Delgado, Pablo Trigo, Raúl e Fabio.

A próxima cita para o Fabril será a 1ª xornada en 3ª RFEF, coa visita do Racing Villalbés a Abegondo prevista para o domingo 12 de setembro ás 17:30 horas.

Os resultados de pretemporada do Fabril foron os seguintes:

Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1
Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0
Fabril 1 (Davo) - Racing Villalbés 0
Fabril 1 (David Suárez) - Bergantiños CF 3
Fabril 1 (Davo) - CD Arenteiro 1
Ourense CF 2 - Fabril 1 (Mario)
Atlético Arteixo 0 - Fabril 3 (Davo, Víctor e Juan Cambón)
Fabril 1 (Davo) - SD Compostela 1
SD Compostela 2 - Fabril 1 (Juan Rodríguez)
Betanzos CF 0 - Fabril 2 (Runy e Juan Cambón)