O Fabril dobregou a un correúdo Viveiro CF (2-0) grazas aos goles de Runy, que se estrea como goleador, e Yeremay. Os dous tantos chegaron na segunda metade deste encontro correspondente á 3ª xornada na Terceira RFEF.
Óscar Gilsanz, técnico fabrilista, puido contar co meta Alberto e co citado Yeremay. Ambos adestráronse toda a semana co Dépor, como é habitual esta temporada, pero non entraron na lista de Borja Jiménez para visitar ao Unionistas de Salamanca CF. Esta tarde foron titulares co filial.
Con este resultado, o Fabril suma sete puntos de nove posibles e instálase no grupo de cabeza da categoría.
Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Brais Val, Yeremay, Barba, Runy, Dani Barcia, Davo e Nájera. Tamén xogaron: Víctor, Juan Cambón, Fabio, Javi Sanmartín e Mella.
A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Polvorín FC.
Os resultados do Fabril até a data son os seguintes: