O Fabril xa coñece o calendario de liga de Tercera RFEF, segundo o sorteo realizado onte na sede da Federación Galega en Santiago de Compostela.
Integran a categoría estes 15 equipos, ademais do Fabril: UD Paiosaco, CD Barco, Arosa SC, Racing Villalbés, CD Estradense, UD Somozas, CSD Arzúa, UD Ourense, Rápido de Bouzas, CD Choco, Viveiro CF, Atlético Arteixo, Gran Peña FC, Alondras CF e Silva SD.
Ascende a Segunda RFEF o campión mentres que os catro seguintes xogarán un playoff de ascenso, que esta temporada será a dobre volta.
O equipo de Óscar Gilsanz arrancará en Paiosaco o 10 ou 11 de setembro e concluirá coa visita ao CD Barco o 23 de abril de 2023. O primeiro visitante na Cidade Deportiva será o Alondras CF, o 17 ou 18 de setembro.
O Fabril pechará o ano 2022 na Magdalena o 17 de decembro contra o Racing Villalbés (xornada 14ª) e abrirá 2023, o 8 de xaneiro, na Cidade Deportiva ante o CD Barco (xornada 15ª).
O duelo coruñés ante o Silva SD terá lugar o 20 de novembro de 2022 en Abegondo (xornada 9ª) e o 12 de marzo de 2023 (xornada 24ª) na Grela.
O calendario do equipo fabrilista é o seguinte:
Xornada 1 (11/09/2022) | Xornada 16 (15/01/2023) |
UD Paiosaco | Fabril |
Xornada 2 (18/09/2022) | Xornada 17 (22/01/2023) |
Fabril | Alondras CF |
Xornada 3 (25/09/2022) | Xornada 18 (29/01/2023) |
Fabril | Arosa SC |
Xornada 4 (02/10/2022) | Xornada 19 (05/02/2023) |
CD Estradense | Fabril |
Xornada 5 (16/10/2022) | Xornada 20 (12/02/2023) |
Fabril | CSD Arzúa |
Xornada 6 (23/10/2022) | Xornada 21 (19/02/2023) |
Rápido de Bouzas | Fabril |
Xornada 7 (30/10/2022) | Xornada 22 (26/02/2023) |
Fabril | Viveiro CF |
Xornada 8 (06/11/2022) | Xornada 23 (05/03/2023) |
Gran Peña FC | Fabril |
Xornada 9 (20/11/2022) | Xornada 24 (12/03/2023) |
Fabril | Silva SD |
Xornada 10 (27/11/2022) | Xornada 25 (19/03/2023) |
Atlético Arteixo | Fabril |
Xornada 11 (04/12/2022) | Xornada 26 (26/03/2023) |
Fabril | CD Choco |
Xornada 12 (08/12/2022) | Xornada 27 (02/04/2023) |
UD Ourense | Fabril |
Xornada 13 (11/12/2022) | Xornada 28 (09/04/2023) |
Fabril | UD Somozas |
Xornada 14 (17/12/2022) | Xornada 29 (16/04/2023) |
Racing Club Villalbés | Fabril |
Xornada 15 (08/01/2023) | Xornada 30 (23/04/2023) |
Fabril | CD Barco |