RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril sitúase de novo á fronte da Segunda División B

O Fabril situouse de novo á fronte do grupo 1º de Segunda División B co seu triunfo (1-4) nel Cerro do Espino ante o Atlético de Madrid B, en partido correspondente á 34ª xornada.

O choque estivo marcado pola expulsión do xogador atlético Keidi aos 15 minutos.

Ante esta circunstancia, o filial deportivista esperou o seu momento, o desgaste do rival, para ir sumando goles uno após outro. Romay abriu a conta no minuto 61; Uxío sentenciou no 63 e 78; e finalmente Luís Fernández redondeou o marcador no 90.

Con este resultado, o Fabril é líder con 62 puntos, os mesmos que o Rayo Majadahonda, segundo após empatar onte sábado en Cerceda.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, Raúl González, Diego Cabalo, Edu Expósito, Martín Bengoa, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Bicho, Luismi e Luís Fernández.

O vindeiro sábado 21 de abril ás 18:00, toca derbi en Abegondo ante o Celta B.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnástica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Diego Cabalo e Luis Fernández) - Ponferradina 0
Valladolid B 2 - Fabril 1 (Luis Fernández)
Talavera 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Borja Galán) - Navalcarnero 0
Guijuelo 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Romay) - Pontevedra 0
Gimnástica Segoviana 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Edu Expósito) - Unión Adarve 1
Atlético de Madrid B 1 - Fabril 4 (Romay, Uxío -2- e Luís Fernández)

Óscar Pinchi

Esta pasada semana, ao fabrilista Óscar Pinchi practicóuselle nunha artroscopia unha extracción parcial externa do menisco.

Os próximos días estará con traballo de ximnasio, para, segundo evolución, pasar a un traballo bipodal de baixo impacto, paso previo á readaptación deportiva.