RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil, superior ao Galicia Caranza

O Infantil mostrouse superior na súa visita ao Galicia Caranza (1-7), en partido correspondente á 6ª xornada no subgrupo B norte da Liga Galega.

Borja, Marcos -4- e Diego -2- foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Infantil manda na clasificación con 15 puntos, os mesmos que o CD Lugo e o Ural Español CF aínda que cun partido menos que ambos.

Infantil: Rodrigo, Balbas, Janusz, Xoel, Iago, Abel, Borja, Lucas, Marcos, Rubén e Hugo. Tamén xogaron: Iker Casuso, Frank, Diego e Mosquera.

A próxima fin de semana, o Infantil visita ao Oza Juvenil SD A.

Os resultados do Infantil até a data son os seguintes:

Infantil 3 (Mosquera, Iker Casuso e Janusz) - Ural Español CF 0
CD Lugo 1 - Infantil 3 (Diego -2- e Hugo)
Infantil 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - San Tirso SD 0
Infantil 12 (Iker Casuso -2-, Janusz -3-, Hugo -4-, Marcos -2- e Iker Fernández) - SD Residencia A 1
Galicia Caranza 1 - Infantil 7 (Borja, Marcos -4- e Diego -2-)