RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino vence ao Victoria CF e depende de si mesmo para ser campión

O Orzán SD Infantil Feminino impúxose con toda xustiza (2-0) ao Victoria CF en partido correspondente á 8ª xornada na Fase polo Título Galego que decidiron os goles de Sofía Rodríguez e Emma Gandoy.

Ambos os equipos chegaban ao choque igualados a 21 puntos na cabeza da clasificación.

Así pois, con este resultado, e a falta de 2 xornadas para o final, o Orzán SD Infantil Feminino que dirixe Óscar Orro saca agora 3 puntos de vantaxe ao seu inmediato perseguidor e depende de si mesmo para ser campión galego.

Orzán SD Infantil: Sofía Carregal, Sila Santiso, Candela González, Paula Martínez, Alexia Freire, Candela Fernández, Valeria Montero, Emma Gandoy, Sofía Rodríguez, Ánxela Prado e Yanis Citoula. Tamén xogaron: Lola Nieto, Irene Míguez, Sofía Milhem, Alba Monteserín e Valentina Millón.

A proxima fin de semana, o Orzán SD Infantil Feminino recibe en Elviña Pequeno ao Victoria FC de Santiago.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo título galego son os seguintes:

UD Mos 0 - Orzán SD Infantil Feminino 1 (Yanis Citoula)
Orzán SD Infantil Feminino 9 (Sofía Rodríguez -5-, Valeria, Candela Fernández e Ánxela Prado -2-) - Lóstrego CF 1
Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez, Yanis Citoula e Alexia Freire) - UD Mos 0
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 5 (Sofía Rodríguez, Candela González, Candela Fernández, Valentina Millón e Lola Neto)
Orzán SD Infantil Feminino 2 (Sofía Rodríguez e Emma Gandoy) - Victoria CF 0