RCD / NOVAS

O partido do Fabril de Copa Deputación en Mugardos, fixado para o domingo ás 19:00 horas

08/08/2019 12:41

O encontro correspondente á semifinal da Copa Deputación entre o Galicia de Mugardos e o Fabril foi fixado para o domingo 11 de agosto ás 19:00 horas no campo da Pedreira.

O choque, do mesmo xeito que o resto de encontros desta competición, é gratuíto para os afeccionados.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou da Copa Deputación ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final), San Tirso SD (oitavos) e Sporting Sada (cuartos de final).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanoute e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos), 19.00 h: Galicia de Mugardos - Fabril