RCD / NOVAS

O PM Friol CD Lugo amarga o debut en Abegondo do Deportivo ABANCA

09/09/2018 14:12

O PM Friol CD Lugo amargou (2-2) o debut en Abegondo do Deportivo ABANCA na Segunda División Nacional.

As lucenses adiantáronse no marcador até en 2 ocasións, a primeira delas a pouco de empezar o partido, concretamente no minuto 7. Lea, cun golazo desde o centro do campo, e Peke conseguiron as igualadas, que ao cabo foron definitivas.

O Dépor ABANCA dispuxo de máis e mellores oportunidades para gañar o partido pero esta vez non houbo puntaría.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Mérida, Laura, Patri Rúa, Iris, Teresa, Michelle Romero, Lea, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Kika, Ali Muñoz e Érika.

A próxima fin de semana, o conxunto que prepara Manu Sánchez visita ao Victoria CF, o domingo 16 de setembro ás 12:00 na Grela (A Coruña).