RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Presidente, en Xornal de Galicia: Sería máis importante o Mundial que os Xogos Olímpicos

Hoxe é o día. A FIFA decide desvelará á primeira hora da tarde que candidatura é a elixida para organizar o Mundial do añou 2018. Na Coruña, o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, sempre defendió que a

"Esta tarde, a partir das 16.00 horas, terá lugar en Zúric a elección definitiva da sede do Mundial 2018 e 2022. O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, foi un dos precursores á hora de destacar a importancia deste acontecemento. A Coruña e Vigo aspiran a ser sedes.

¿Cales son as súas sensacións a poucas horas de saber se triunfará a Candidatura Ibérica?


Pois hai nervios, non o vou a negar. A competencia é moi forte. Tanto Inglaterra como Rusia pugnan de forma moi intensa por este Mundial, que sería algo extraordinario para España e Portugal. Ademais, coincidiría nun momento no que os dous países necesitamos unha alegría despois de tanta crise. Sería tamén unha alegría para A Coruña, porque posibilitaría a opción ser sede, estando entre un do nove estadios elixidos.

¿Está convencido de que A Coruña será sede se resulta elixida?


Se dependese de min, seguro que o sería. É algo que compete á Federación española e a FIFA. Teriamos que pelexar con moitas cidades dun nivel similar ao noso, ou mesmo superior en canto a poboación, pero creo que teriamos opcións serias de ser sede. Creo que o Deportivo e a cidade mereceríanllo despois de tantos anos en Primeira.

¿Apostaría por España e Portugal na elección de hoxe?


Si, aínda que xa dixen que hai moita igualdade e é complicado. Creo que é máis fácil que gañemos se é na primeira ou na segunda votación que se se tivese que decidir nunha terceira. Creo que España e Portugal son favoritos. Inicialmente habería que descartar aos Países Baixos. Con Inglaterra e Rusia hai moita igualdade, pero eu aposto pola Candidatura Ibérica.

No caso de que a súa aposta sexa acertada, teríanse que intensificar os contactos entre o club e o Concello da Coruña...

Deberían intesificarse, porque ata o momento foron practicamente inexistentes. Eu non se se é que a xente pensaba que isto do Mundial era unha broma, ou que ía ser no 2018 cando se ía a decidir a sede. Se cadra o que pasa é, directamente, que non pensan. Está a piques de tomarse unha decisión que pode cambiar a historia da Coruña, pero parece que non se ve con moita claridade. Eu deime conta diso, sobre todo, cando viaxe a Suíza coa Federación Española. As palabras de Blatter fixéronme ver que España era favorita.

¿Sentiuse só na súa loita polo Mundial?

Creo que noutras cidades estiveron máis espabilados presentando estadios e proxectos importantes. Sinceramente, creo que a este acontecemento, nin sequera a nivel nacional déuselle a importancia e o bombo que había que darlle. Non ten nada que ver, por exemplo, cando Madrid optaba a facer os Xogos Olímpicos. Aquí traballouse en silencio.

Se España resulta organizadora, ¿a quen chamará primeiro?

Tentaría falar directamente con Anxo María Villar, porque sería o gran artífice deste éxito. Agora mesmo, non nos damos conta da importancia que ten. É máis importante, mesmo, que uns Xogos Olímpicos, porque estaría distribuído por toda a Península.

¿Porase en contacto co Concello?

Despois de estar tanto tempo sen falar, non creo que pase nada por uns días mais ou unha semana. Efectivamente, nas próximas datas teriamos que falar inmediatamente. E máis que falar, actuar. A situación é bastante complexa, si. Pero primeiro temos que esperar a que saian España e Portugal. Despois, imos ter que empuxar todos o carro, aínda que pareza que as súas rodas están difíciles de mover."