RCD / NOVAS

O Presidente Lendoiro e Joaquín Caparrós reuniranse esta noite

Vídeo de Caparrós en Abegondo O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, e o técnico, Joaquín Caparrós reuniranse esta noite, tal e como confirmou hoxe mesmo na sala de prensa do Mundo do Fútbol o técnico utrerano. "Seguro que non vai ser a última nin a penúltima", afirmou Joaquín Caparrós, que non quixo entrar en detalles. Por outra banda, e respecto ao partido ante o Sevilla, o adestrador do Dépor asegura que o equipo "está obrigado a facer un bo partido e a gañar". Iso si, descartou que houbese ánimo de desquite polo tres partidos anteriores esta tempada, un de Liga e dúas de Copa do Rei, que se saldaron con vitorias sevillistas.

15/05/2007 12:26

Máis novas de: JOAQUÍN CAPARRÓS

RCD / Noticias Relacionadas

13/06/2007 22:49 |

Caparrós reuniuse esta tarde co Presidente

Ver rolda de prensa de Caparrós Segunda reunión entre o técnico, Joaquín Caparrós, e o Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro. Esta vez, o lugar elixido por ambos foi a sede do Club na Praza de Pontevedra. Tras pouco máis de 35 minutos reunidos, Caparrós, nunha rolda de prensa improvisada ante numerosos medios de comunicación, manifestou que fora "moi cordial" e que ambas as partes quedaron emprazadas para unha nova toma de contacto a principios da próxima semana, "unha vez que finalice a competición ligueira".