RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O proxecto Sementes Dá Manhá, apoiado polo Deportivo e premiado por LaLiga, continúa dando os seus froitos.

Esta semana, a Fundación Real Club Deportivo doou, por terceiro ano consecutivo, outro container con máis material deportivo con destino a Mozambique para que unha temporada máis poida ter lugar a Liga Interescolar 2019.

O equipamento que o Club envía cada ano á escola secundaria Ignacio de Loyola en Mtaslazdi, Teté, Mozambique, fai posible que dous equipos da escola poidan competir nas ligas interescolares da rexión. O curso pasado finalizaron campións baixo o nome de Deportivo de Loyola. A doazón do Dépor, vinculada ao proxecto Sementes Dá Manhá premiado pola Fundación LaLiga, permite a práctica regular de fútbol de case 100 alumnos, cos beneficios físico e psicolóxicos que eles leva.