RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario admite "mal sabor de boca" polo resultado

Eneko Bóveda e Dani Giménez atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Carlos Belmonte.

O defensor vasco manifestou que "polo resultado non estamos contentos. A sensación que teño é dun equipo ben plantado, confiabamos en que co paso dos minutos o partido ía caer do noso lado. Tiña toda a pinta de ser así. Logo hai unha xogada, un accidente. Ao final un punto que a min me sabe a pouco. As nosas análises teñen que ir máis aló dos resultados".

Bóveda admite que, após o gol de Domingos, "é posible que nos prexudicou dar un paso atrás. É típico do fútbol que o equipo que vai perdendo, máis en casa, envorca xogadores arriba. Iso ponlles a eles máis preto da nosa área. Tamén nos pon a nós máis preto de, nun contraataque, solucionar o tema. Xa veremos se nos próximos partidos, en situacións idénticas, actuamos igual ou diferente. O gol vén como vén".

Pola súa banda, Dani Giménez lamentouse de que "por unha xogada desafortunada un punto fóra de casa, que é complicado conseguir pero déixanos mal sabor de boca porque queriamos empezar gañando".

A meta galego subliña que "fixemos moitas cousas ben. O partido estaba controlado sen brillantez pero o primeiro partido custa. Estamos a asimilar ideas. O Albacete igual. Custounos enlazar xogadas, buscar ao home libre por dentro... Pero aínda así o partido estaba controlado. Eu practicamente non tiven que intervir a pesar de ter dianteiros moi competitivos o Albacete para Segunda División. Teñen un equipo ofensivamente moi bo".