RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul admite que o equipo acusou "o nerviosismo e as ganas de sacar os tres puntos"

Víctor Narro e Diego Villares pasáronse pola zona mixta de ABANCA-Balaídos.

O atacante balear afirma que o equipo acusou no tramo final "o nerviosismo e as ganas de sacar os tres puntos".

Entende que "#ANOSAFORZA non estea do todo contenta porque tanto eles como nós pensabamos que nos iamos a levar os tres puntos. Sacamos un punto e témolo que facer bo o mércores ante o CF Talavera de la Reina e o domingo (ante o San Fernando CDI)".

Do mesmo xeito que manifestou Borja Jiménez, "hai bastantes xogadores novos e témonos que adaptar a xogar todos xuntos".

Víctor Narro pide "desculpas a #ANOSAFORZA. Espero que o xogo poida mellorar, que estou seguro de que si".

Pola súa banda, Diego Villares, autor do tanto do empate ao final do primeiro tempo, lamentouse "dese segundo remate. Fixo unha boa parada o porteiro. Se entrase daría un bo sabor de boca ao partido".

O canteirán branquiazul non se marcha contento de ABANCA-Balaídos porque "todos queriamos conseguir os tres puntos. Unha pena non poder facelo. Agora temos o mércores partido e non hai tempo para lamentacións".

Villares opina que "nos falta ese xogo por dentro. Cústanos virar o xogo dun lado a outro. Eles apertaron por dentro e aí estivemos máis espesos".

Finalmente, un dos futbolistas con máis peso no vestiario subliña que ao equipo "pódelle custar un pouco ese nerviosismo" e engade que "ao final nos faltou algo de ambición de querer ir a polo partido e esas ideas en tres cuartos para xerar máis perigo".