RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul asegura que é "penalti clarísimo" a man de Yeferson Quintana na área racinguista

Adrián Lapeña e Josep Calavera atenderon aos medios de comunicación na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O central rioxano indicou que a xogada do posible penalti por man voluntaria na área do Racing de Ferrol é "clarísima. Se son catro árbitros e ningún veo, algo estamos a facer mal. Veo todo o mundo, até os xogadores rivais. É penalti, non é a primeira vez nin a segunda. Non pasa nada. Temos que seguir. Non nolo van a pitar agora. Alguén máis ten que facer autocrítica".

Sobre o partido, Lapeña indica que o Dépor "empezou moi ben. Tivo 25 minutos moi bos. Non conseguimos seguir tendo a pelota e aí é cando tivemos que correr un pouco máis pero sen ningún sufrimento. Na segunda parte atacamos unha vez após outra. A pelota non está a querer entrar. Se isto non nos dá, temos que dar un pelín máis. O camiño é bo, o que estamos a facer está ben".

Pola súa banda, Josep Calavera cualificou o seu debut no once inicial como "agridoce. Sería redondo se puidésemos gañar o partido. Atopeime ben, tiven boas sensacións. Levaba tempo traballando para iso. Estou agradecido pola oportunidade. Vou seguir traballando para que sigan chegando máis oportunidades".

O mediocentro branquiazul opina sobre o posible penalti non sinalado na área racinguista que "as imaxes falan por si soas. É penalti clarísimo. É unha mágoa porque é unha ocasión que nos achegou moitísimo máis á vitoria e estamos moi doídos por non poder conseguila".

Confesa Calavera que o vestiario, despois deste resultado, "está tocado porque vimos dunha primeira volta boísima e agora estámonos atopando nunha pequena fochanca. É momento de estar máis unidos que nunca, traballar máis que nunca, coidarnos, corrixir as cousas que non facemos ben e dar todos un puntiño máis para gañar os partidos".