RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul botou en falta "un pouco de pillería para saber xogar eses últimos minutos", con 1-1 no marcador

Diego Villares e Adrián Lapeña pasáronse pola zona mixta do Estadio de Santo Domingo.

O futbolista galego, hoxe de novo lateral dereito, apuntou que sente "impotencia. Despois de quedarnos con 10 e facer o máis difícil que era empatar, faltounos un pouco de saber xogar ao final, un pouco de pillería para saber xogar eses últimos minutos porque mesmo tivemos esa ocasión de Lucas".

Admite que fóra de ABANCA-RIAZOR "está a custarnos un pouquiño. Na primeira parte faltounos un pouco de tranquilidade con balón. Cando o tiñamos, asentabámonos en campo rival e faltounos crear un pouco máis de perigo".

Con 7 puntos por baixo respecto ao AD Alcorcón, opina Villares que "é unha diferenza importante pero queda toda a segunda volta", apunta.

Pola súa banda, Adrián Lapeña laméntase que "cando fixeramos o máis difícil, atopabámonos mesmo ben con ese 1-1, logo entramos nun tramo que o levamos a ida e volta, creo que non foi beneficioso para nós porque tiñamos que saber xestionar mellor eses minutos. Veu o gol e é un xerro de auga fría porque fixeramos o máis difícil que era empatar con 10".

O central deportivista destaca que Lucas, co seu espectacular gol, "sacounos dun apuro bastante gordo cando máis o necesitabamos. Marcou a diferenza con ese gol de falta estando con 10. Tiñamos que manter o balón doutra maneira, igual xuntarnos un pouco máis para non darlles eses espazos que a eles lle gustan".

Finalmente Lapeña cre que o AD Alcorcón "ten as ideas moi claras, sabe ao que xoga, en casa faise máis forte aínda. É un rival duro pero queda toda a segunda volta. Levamos todo o ano remando e non queda outra que seguir".