RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul valora "saber sacar os puntos neste tipo de partidos"

Antoñito e Raúl Carnero pasáronse pola zona mixta do Estadio Romano 'José Fouto' após o partido ante o AD Mérida.

O lateral andaluz apuntou que "esta calor é fodida para nós. Estamos afeitos adestrar con outra temperatura. Non hai escusa. Eles tamén tiñan o mesmo calor e ao final saldouse con 3 puntos para nós e é o importante".

Opina que o partido é "da categoría. Nós temos que propor moito máis, temos que facer máis cousas para meter o gol. Eles encerráronse con oito atrás, complicado de buscar espazos por dentro. Coa xente de calidade que temos é máis fácil atopalos pero custounos. Sabemos que os equipos contra nós vanse a encerrar, vannos a esperar á contra e temos que vivir con isto".

Preguntado polo sufrimento final, Antoñito reitera que "sufrir e gañar é o mellor que hai. Vaste cun subidón. Xogar fóra de ABANCA-RIAZOR é o que toca: campos complicados, afeccións que apertan... Somos o Deportivo e aprender tamén destas cousas".

Pola súa banda, Raúl Carnero, autor do gol do triunfo, mostrouse "moi feliz porque son 3 puntos fóra de ABANCA-RIAZOR que sempre é un pouco máis complicado tal e como se está desenvolvendo o partido, a calor que facía, o campo seco... Estou feliz polo meu primeiro gol co Dépor, por poder seguir animando ao equipo. Hai que darlle todo o valor que ten sacar 3 puntos fóra de casa".

O coruñés subliña que "a calor é para os dous equipos pero non estamos afeitos. O clima na Coruña é máis frío e viuse aquí reflectido que o ritmo do partido era máis lento. Custábanos algo máis pero hai que darlle valor aos 3 puntos, é o camiño, partido a partido, seguir sumando e así lograr o obxectivo".

Cun sorriso na cara, dedicou o seu gol "sobre todo á familia, aos meus fillos, á miña parella e ao meu avó, que sei que me está mirando".

Subliña finalmente que "o campo non nos beneficiaba, seco. O estado do céspede era bo porque está recentemente plantado. Quizais lle faltaba asentar un pouco porque había zonas nas que se movía. Non nos favorecía o noso xogo. É para os dous equipos pero nós sempre imos querer levar a iniciativa no xogo, querer facer as cousas e xogar ao noso. Vaise sumando todo e o importante é saber sacar os puntos neste tipo de partidos".