RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O vestiario deportivista cre en lograr a permanencia

  O vestiario deportivista cre en que o Deportivo vai lograr a permanencia. Así o manifestó Juanfran ante os medios de comunicación "voume moi contento da actitude das miñas compañeros. Quedan tres partidos e a&ua

Pola súa banda, Álex Bergantiños, despois de recoñecer que a semana foi "dura para todos", insiste en que "hai que sumar todos, centrarnos no que queda e empuxar nestas últimas balas que temos para que o equipo quede en Primeira".
 
Finalmente, Celso Borges, goleador esta noite ante o Vilarreal, subliñou que "hoxe por entrega e actitude non nos podemos reprochar nada. Sabemos que a situación é difícil pero non podemos deternos, non podemos baixar os brazos. Quedan partidos aínda por xogar e a dalo todo agora que imos a Bilbao". Aínda que recoñece que "non é fácil, non podemos rendernos. A mensaxe é positivismo e tratar de que con esta actitude pechar ben a liga".