RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario laméntase das ocasións desperdiciadas no tramo inicial do partido

Celso Borges e Adrián atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de Butarque.

Os dous futbolistas lamentáronse das ocasións que o Dépor fallou nos minutos iniciais do choque en Leganés.

O internacional costarriqueño subliñou que "tivemos unha boa primeira metade, onde creamos ocasións bastante claras. Esas ocasións son o froito dun moi bo traballo defensivo en conxunto. O segundo tempo seguímolo facendo pero sen chegar un pouco máis á área contraria. Pero ás veces os partidos son así".

Borges explica que "me sentiría máis preocupado se o equipo non é capaz de xerar esas ocasións. O equipo non se apaga, simplemente faltounos ter algunha ocasión máis clara no segundo tempo. O equipo estaba acendido defensivamente e tratamos de crear algo".

Asegura que segue crendo "firmemente na salvación. Temos a capacidade para facelo. Isto é fútbol e calquera cousa pode pasar".

Reitera que está convencido que o equipo "pode seguir adiante ante calquera adversidade e seguiremos aí, loitando e que a xente síntase orgullosa do seu equipo".

Pola súa banda, Adrián López manifestou que Butarque "é un campo complicado. Non perderon moitos puntos na súa casa. Son un equipo bastante forte. Unha pena ese comezo de partido que foi onde o equipo mellor estivo. Tivemos opcións de poñernos por diante, non foi así. Ao final un punto e esperemos que poida servir".

Destacou o traballo de Lucas, que foi o que tivo a maior parte das oportunidades: "Fixo un gran partido. Sempre achega moitísimas cousas ao equipo en cada balón que corre, en cada balón que aguanta. É un xogador moi importante para nós. Unha pena que non puidésemos marcar nese principio".

Co Barcelona esperando o vindeiro domingo no Estadio ABANCA-RIAZOR, afirma Adrián que "temos que gañar. Non temos máis opcións. Vai ser un partido moi difícil contra o que probablemente vai ser o campéon xa rápido. Xogamos en casa, temos que estar máis unidos que nunca, crendo máis que nunca. Coa nosa afección que seguro que vai estar a tope connosco".