RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario márchase de Tenerife cun "sabor amargo por como se deron os últimos minutos"

Vicente Gómez e Borja Valle atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Heliodoro Rodríguez López de Tenerife.

O centrocampista canario cre que "na primeira parte estivemos moi ben. Na segunda cos cambios que fixo o Tenerife e ir gañando vaste botando un pouco atrás. Perdemos un pouco o control do partido. O máis importante é que fomos capaces de darlle a volta ao marcador. Unha mágoa que a última xogada, unha falta a balón parado que traballamos moito, fágannos gol. Ímonos con esa mágoa de perder 2 puntos hoxe".

Vicente recalca que o Tenerife após o descanso "fixo algunha variante táctica. Empezaron a meter xente por medio, ás costas do noso mediocentro e custounos un pouco. Dentro do positivo que podemos rescatar é que o equipo foi capaz de darlle a volta a iso. Tentamos controlar un pouco máis o partido. É verdade que se volveu de ida e volta. Unha pena que fósemos capaces de manter o empate, poñernos por diante e perdelo na última xogada".

Pola súa banda, Borja Valle define a última acción do partido cun nome: "fútbol. Nun momento que te relaxas, baixas os brazos, e pensas que tes xa algo que é teu, nesta categoría quítancho".

O dianteiro berciano márchase cun "sabor amargo por como se deu a segunda parte, os últimos 3 minutos. Marcamos o gol cremos que nos dá a vitoria e eles non baixan os brazos e na última xogada conseguen o empate".

Na súa opinión, o Deportivo na primeira parte "estivo mellor. Na segunda eles esmagáronnos, marcaron o gol e viñeron arriba. Sabor amargo por como se dan os últimos minutos pero tamén temos que sacar unha lectura positiva porque eles fixeron moi bo partido tamén".