O Xuvenil A afrontará a semifinal de Copa o mércores en León cos deberes feitos na liga
O Xuvenil A encarará a semifinal da Copa do Rei, este mércores 8 de marzo ás 20:00 horas no Estadio Reino de León ante o UD Almería, cos deberes feitos na liga, ao derrotar ao Bansander (0-1) en partido correspondente á 23ª xornada na División de Honra.
Decidiu o choque no Municipal de Villaescusa un gol do capitán branquiazul Hugo Baldomar aos 2 minutos de partido.
Despois, aos deportivistas tocoulles traballar en defensa ante un rival forte no seu campo para traerse á Coruña os 3 puntos e seguir vivos na liga.
Con este resultado, o equipo de Manuel Pablo suma 54 puntos na 3ª posición da táboa, moi preto da cabeza.
Xuvenil A: Lemos, Carlos, Pablo Parada, Vilela, Seydiba, Carreira, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Hugo e Álex Delgado. Tamén xogaron: Montero, Garaboa, Manu Ferreiro, Noah e Ogando.
O Real Oviedo será o seguinte rival en liga, aínda que antes o Xuvenil A ten cita coa Copa do Rei.
Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:
CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos) Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1 CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin) Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1 SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa) Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1 RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando) Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0 Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin) Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1 Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta) Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0 RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo) Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1 Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira) Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1 Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo) Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Álex Delgado) - CD Marina Sport 2 Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0 Xuvenil A 2 (Kevin e Seydiba) - SD Compostela 1 Arosa SC 2 - Xuvenil A 2 (Kevin -2-) Xuvenil A 3 (Montero, Noah e Kevin) - RS Gimnástica de Torrelavega 2 Bansander 0 - Xuvenil A 1 (Hugo Baldomar)