RCD / NOVAS

O Xuvenil B proclámase campión da liga Nacional

A falta de tres xornadas para o final, o Xuvenil B que dirixe Rubén Coméndez se proclamó campeón da liga Nacional. Os deportivistas gañaron en Porriñou (0-1), con gol de Boedo, e os seus inmediatos perseguidores picaron: empate (1-1) do Santiago de Compostela e derrota (2-1) do Areosa. Así pois, con 9 puntos en xogo, 70 puntos suma o Xuvenil B por 58 puntos dos seus dous máximos rivais. A próxima semana, nun partido intranscendente de face á clasificación, o Xuvenil B recibe ao Ural.

01/05/2016 18:04

Así pois, a canteira deportivista suma nove títulos esta tempada, os conseguidos polo Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete B (Liga Galega, grupo 1º), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (campión do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once e campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña), Alevín B (campión da Primeira Comarcal, grupo As Mariñas, e campión de Copa),  Benjamín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas) e Benjamín B (campión da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas).
 
Xuvenil B: Tasende, Iago, Héctor, Nico, Iago Parga, Sebastián, Sito, Sandá, Mosquera, Ortuño e Boedo. Tamén xogaron: Joel, Celeiro, Porrúa e Jiménez.
 
A traxectoria do Xuvenil B na liga Nacional é a seguinte:
 
Xuvenil B 3 (Iago Parga, Víctor e Mosquera) - Santiago de Compostela 1
Calasanz 2 - Xuvenil B 5 (Mosquera -2-, Porrúa -2- e Sanda)
Xuvenil B 3 (Sandá, Porrúa e Rivera) - Coruxo 1
Areosa 0 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 5 (Antón, Sandá, Víctor, Parga e Porrúa) - Racing de Ferrol 2
Arousa 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 1 (Mosquera) - Compostela 2
Lugo B 2 - Xuvenil B 5 (Mosquera -2-, Parga, Celeiro e Rivera)
Calasancio 0 - Xuvenil B 3 (Mosquera, Porrúa e Boedo)
Xuvenil B 6 (Mosquera -2-, Sito, Nico, Ortuño e Porrúa) - Pavillón B 1
Choco 2 - Xuvenil B 1 (Mosquera)
Xuvenil B 13 (Rivera -5-, Víctor -2-, Rubi -2-, Boedo -2-, Celeiro e Mosquera) - Colexio Fogar 1
Galicia Caranza 1 - Xuvenil B 2 (Porrúa e Boedo)
Xuvenil B 1 (Boedo) - Porriño 1
Ural 2 - Xuvenil B 3 (Mosquera, Víctor e Boedo)
Xuvenil B 1 (Mosquera) - Pontevedra 2
Celta B 1 - Xuvenil B 2 (Mosquera e Porrúa)
Santiago de Compostela C 0 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 3 (Víctor, Nico e un futbolista rival en propia meta) - Calasanz 1
Coruxo 0 - Xuvenil B 1 (Celeiro)
Xuvenil B 2 (Rivera -2-) - Areosa 3
Racing de Ferrol 0 - Xuvenil B 1 (Mosquera)
Xuvenil B 5 (Mosquera -2-, Parga, Porrúa e Rivera) - Arousa 1
Compostela 0 - Xuvenil B 3 (Sebastián -2- e Rubi)
Xuvenil B 2 (Mosquera e Sebastián) - Calasancio 0
Pavillón B 0 - Xuvenil B 6 (Mosquera -4-, Celeiro e Porrúa)
Xuvenil B 3 (Ortuño -2- e Sandá) - Choco 1
Colexio Fogar 1 - Xuvenil B 1 (Sandá)
Xuvenil B 5 (Mosquera -2-, Ortuño, Sandá e Antón) - Galicia Caranza 1
Porriño 0 - Xuvenil B 1 (Boedo)