RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Oito cadetes de #ANOSACANTEIRA entran na historia ao proclamarse con Galicia campións de España sub-16 por primeira vez

Oito integrantes de #ANOSACANTEIRA fixeron historia no campo Manolo Barreiro de Pontevedra ao proclamarse coa selección galega campións de España sub-16.

Yago Moreira, Lucas Taibo, Dani Estévez, Adrián Guerrero, Mesfin, Samu Fernández, Rubén Fernández e Manu Ferreiro integraron ese combinado galaico que fixo historia ao lograr o título nacional por primeira vez.

Na final ante Andalucía, resolta con 3-1 a favor dos galegos, Yago Moreira, Lucas Taibo, Manu Ferreiro, Samu Fernández e Mesfin foron titulares; mentres que Adrián Guerrero, Rubén Fernández e Dani Estévez saltaron ao céspede na segunda metade, decisiva para o devir do choque. Os tres goles galegos levaron o selo de #ANOSACANTEIRA, obra de Lucas Taibo, Rubén Fernández e Adrián Guerrero.

Seis dos oito futbolistas branquiazuis protagonistas deste logro para o fútbol galego integraron esta temporada o Cadete do RC Deportivo, campión da División de Honra; mentres que Samu Fernández e Rubén Fernández militaron no equipo cadete do San Tirso SD.

Na fase final, os resultados foron os seguintes:

Fase de grupos
Galicia 1-1 Andalucía
Galicia 1-0 Baleares
Galicia 1-0 Valencia

Semifinais
Galicia 3-0 Cataluña

Final
Galicia 3-1 Andalucía

A selección galega clasificouse para esta fase final despois de gañar en Xixón a Asturias con gol de Rubén Fernández e a Melilla con gol de Lucas Taibo, ambos os futbolistas de #ANOSACANTEIRA.