RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oriol: As sensacións tanto miñas como do equipo son boas

Oriol Rise, debutante o pasado venres na Cidade de Valencia ante o Levante, subrayó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que "as sensacións tanto mías como do equipo son boas. Colectivamente levamos agora unha boa serie de

O novo dianteiro deportivista asegura que está na Coruña "para xogar todo o que sexa posible. A tentar axudar o máximo. Estou a disposición do que faga falta. O ritmo de competición cóllese xogando partidos. O outro día con 30 minutos vinme ben, vinme preparado. Podemos dicir que estamos ben".

Advirte que o gol no fútbol "non é só da punta. Os goles veñen coa construción de todos. Ao dianteiro pídeselle que defenda e tamén que todo o equipo colabore para tentar meter máis goles".

Lembra Oriol que "con Osasuna a tempada pasada sacamos un punto ante o Barça tendo as liñas moi xuntas, estando moi xuntos, sendo moi solidarios desde primeiro ata o último, tentando facer xogadas curtas e saír rápido. Non hai unha maneira única. Sabemos que o Barcelona non é un equipo da nosa liga. Sabemos onde estamos, polo que estamos a loitar... pero imos tentar porllo o máis difícil posible, o máis complicado".