RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os futbolistas branquiazuis quedan en zona mixta co positivo

Os futbolistas branquiazuis que atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de Mendizorroza mostraron a súa decepción por non poder acceder a cuartos de final da Copa do Rei.

A pesar diso, Luisinho queda co positivo: "Está a demostrarse que o equipo está forte, a pesar das ausencias que tivemos de última hora".

Pola súa banda, Borja Valle subliña que o Deportivo "esta noite fíxoo todo para gañar. Vimos aquí a gañar". O atacante deportivista tamén quixo "darlles as grazas" aos afeccionados que apoiaron ao equipo en todo momento desde as bancadas do estadio vitoriano.

Finalmente, Juanfran apunta, a pesar do insuficiente empate, que o Deportivo "está nunha boa dinámica, ten bo ritmo de xogo. Está ben plantado".