RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' viviu unha xornada especial coa visita a ABANCA-RIAZOR do centro Aspronaga

Medio centenar de alumnos do centro Aspronaga, un dos colaboradores do RC Deportivo na formación do equipo de LaLiga Genuine, gozaron na mañá de hoxe mércores dunha xornada especial do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que tivo como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR. Os mozos compartiron parte da mañá con Michelle Romero, dianteira do Deportivo ABANCA, e Víctor, capitán do Dépor de LaLiga Genuine.

Con anterioridade ao encontro cos xogadores, os alumnos, entre os que se atopaban os xogadores do Deportivo de LaLiga Genuine Nikita e Gabriel, puideron gozar dunha visita guiada polas entrañas de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista da Opinión da Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo. A xornada acabou coa firma de postais dos futbolistas e coa foto de familia sobre o céspede de ABANCA-RIAZOR.