RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os veteranos Chapela, Mauri e Manolete, na segunda xornada do taller de reminiscencia

Hoxe luns 26 celebrouse a segunda xornada #TallerFútbolReminiscencia, actividade terapéutica levaba a cabo pola Asociación de Veteranos do Real Club Deportivo e o persoal da Real Institución Padre Rubinos, que este ano celebra o seu centenario, na que se utiliza a historia do Dépor como ferramenta para activar recordos entre os maiores.

O Taller terá unha duración de 12 semanas. Nesta ocasión, os veteranos que asistiron foron Chapela, Mauri e Manolete.

Os recordos do fútbol úsanse como terapia para xerar felicidade, axudar a atrasar a deterioración cognitiva estimulando a memoria e mellorar o estado de ánimo dos maiores. Outros membros da Asociación de Veteranos do Club participarán en vindeiras sesións.