RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores do Dépor insisten en que a salvación é o único obxectivo

  Os xogadores do Dépor subliñaron na zona mixta do estadio Gran Canaria o traballo de todo o equipo para achegarse un pouco más ao obxectivo, a salvación.

Así, Lucas, autor onte á noite no Estadio Gran Canaria do seu noveno gol en Liga, cre que o Deportivo "estivo de dez. Ímonos moi contentos para casa". O pichichi deportivista subliña que, a pesar dos 21 puntos na clasificación da liga BBVA, o Dépor "mira a salvarse. Estamos arriba e estamos grazas a nós. Temos que seguir nesta liña. Canto antes salvémonos... E o que veña despois, benvido sexa".

Pola súa banda, Cani, partícipe con Lucas do primeiro gol do partido, subliña que "o primeiro é o primeiro, que é salvarnos, canto antes mellor". Tras o seu partido 330 en Primeira, superando a Alfredo Dei Stéfano, insiste Cani en que "o obxectivo é salvarse sen chegar á última xornada e apurando. Salvarse ben, sen que sufra a xente".