RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores non pon paliativos á derrota

O tres futbolistas do Deportivo que se pasaron pola zona mixta ao término do partido, Toché, Juan Carlos e Insua, non buscaron ningún tipo de escusa á hora de analizar a derrota e o partido fronte á Ponferradina.

Toché recoñeceu que “viñamos dun refacho bo de vitorias e doe porque xogaron mellor, conseguiron un resultado avultado e ademais en casa, coa nosa xente. Hai que felicitalos, analizar porque foi así e corrixilo.”
 

 
Pola súa banda, Juan Carlos xulgou o partido como “malo porque a Ponferradina superounos en todos os aspectos. Non queriamos o tropezo pero deuse e só hai que felicitar ao rival.”
 

 
Por último Insua pechou as análises dicindo que “sucederon dúas cousas, a Ponferradina estivo moi ben e nós moi moi mal. Non nos atopamos nin un minuto, é unha derrota máis que xusta. Estivemos moi incómodos”