RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores, optimistas co futuro

- Foto: LFP-   Medunjanin, Juan Domínguez e Isaac Cuenca pasáronse por zona mixta de Riazor ao acabar o partido para analizar un choque que lles deixa o sabor amargo de non poder conseguir o tres puntos pero o optimismo do potencial

Medunjanin, que se perfilaba como o lanzador do penalti definitivo, cedeullo a Conca para que o materializase: "vin que estaba con confianza para lanzar, estamos nun equipo e o importante era marcar", confesou antes de analizar o choque: "o Raio é un bo equipo, no primeiro tempo non entrou o segundo de Toché, o partido puido ir para todos lados e ao final empatamos. Hai que confiar no equipo, pero necesitamos ter máis a pelota porque creo que sabemos xogar ao fútbol". Tamén analizou a súa achega: "é o primeiro partido de titular e creo que é moi difícil para min. Levo dúas semanas e teño que coñecer o equipo, cada día estou mellor e necesito un pouco máis de tempo para estar ben".
 
Pola súa banda, Juan Domínguez valora positivamente a actitude do grupo: "co marcador en contra reaccionamos e é o positivo, pero outra vez remontáronnos e é no que hai que pór atención e corrixir xa. Non é o mesmo un punto que irche sen carga, pero o noso obxectivo eran o tres puntos e aínda encima estivemos preto de conseguilo porque non é fácil adiantarse ante un equipo como o Raio", concluíu antes de pensar no futuro: "o parón é bo, positivo, vainos a axudar máis días para ese proceso de adaptación e configurar ao cento por cento o persoal".
 
Por último Isaac Cuenca explicou a motivación de tomar a responsabilidade na xogada clave do partido: "o outro día estiven a ensaiar penaltis no adestramento e dixen: agora que o hai vouno a tirar no partido, a pesar de que me dixeron se estaba ben porque me estaba subindo o cuádriceps". O catalán mostrouse feliz por volver anotar: "á miña noiva e os amigos, vai dedicado a eles. Estaba a lume de biqueira o móbil, están moi contentos porque despois de tanto sufrir están orgullosos". A nivel colectivo cre que o Dépor é "un gran equipo que ten moito potencial, aínda non estamos no mellor momento, estaremos mellor durante a tempada, estou convencido de que imos acabar mellor do que empezamos".