RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano admite que "hoxe se nos puxo todo de cara"

Óscar Cano comentou na sala de prensa do Estadio Fernando Torres que "11 contra 11 estivo máis igualado o partido. Eles co seu recurso do xogo directo, de moita xente grande, meténdonos no area e tratando de aproveitar unha das carencias que temos, que é a defensa deses xogos directo e da área polo perfil de xogadores que temos; pero a partir do primeiro gol e sobre todo coa expulsión de Diamé todo facilitouse porque o partido se puxo precisamente para que podamos expresar as nosas características: un xogador máis, xente que fai un moi bo uso do balón... E dixeramos no descanso: tratar de mover o balón sen precipitarnos, que non se convertese nun ida e volta e que a ver se aparecían os espazos. Apareceron, Quiles estivo acertadísimo e o partido foi nos últimos minutos plácido, pero moi determinado ou moi condicionado pola expulsión de Diamé".

Cre que o Dépor "merecíase" un partido como o desta tarde: "Para min non foi xusto perder contra o Castilla, foi moi inxusto non golear o outro día á Cultural Leonesa. O propio Mere comentoumo antes do partido, teño unha gran relación co corpo técnico do Fuenlabrada e aínda se sorprenden de como o Dépor co que fixo non foi capaz de gañar. Hoxe tocounos todo a favor. Isto é o fútbol. Viviremos situacións adversas e hoxe púxollenos todo de cara. É verdade que o criterio que utilizou o árbitro co cartón de Quiles fai que a de Diamé, que foi a mesma entrada, fose xusta a expulsión e a partir de aí facilitouse todo".

Conclúe que "os mozos o merecían e todo o deportivismo tamén, ver gañar ao seu equipo. Levamos dúas vitorias fóra de ABANCA-RIAZOR nos dous últimos partidos e imos tratar de ser optimistas, de recuperar á xente que ten diversas doenzas de máis ou menos magnitude e preparar o partido do próximo sábado, que é moi importante".

Ten claro o adestrador branquiazul que "se no campo coinciden Roberto Olabe, Lapeña, Jaime, Rubén, Mario, Isi... é normal que o equipo teña a pelota e que a partir de aí faga crecer a xogada. Hoxe estivemos moi ben en ataque, porque en ataque tamén temos moita dinamita. Os laterais cada vez están mellor... E por aí vén o progreso do equipo: en ataque ter o acerto que nos faltou de cara a portería porque estabamos a xerar moitísimo e minimizar as posibilidades de contraataque e de xogo directo dos equipos contrarios, que é onde máis sufrimos. Por aí pode vir a marxe de mellora que ten este equipo".

Óscar Cano advirte sobre o seguinte rival en ABANCA-RIAZOR, o Córdoba CF o sábado 3 de decembro ás 19:00, que desde a súa chegada ao Dépor "obtivemos moitos puntos, gañamos 4 de 6 partidos, empatamos 1, só perdemos 1; pero vén un gran equipo dun paisano meu como é Germán Crespo, que tamén é granadino. É un equipo que xoga moi ben, moi ben armado pola Dirección Deportiva. Vai ser un partido bonito e apaixonante porque xogan dous equipos que queren monopolizar o balón e sobre todo que teñen moitos e moi bos recursos".