RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano: "Aquí, en ABANCA-RIAZOR, e en todos lados o que ten que ser o protagonista é o Dépor"

Óscar Cano recoñeceu este mediodía na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que, após a derrota en Alcorcón o pasado sábado, os primeiros días desta semana foron "con peor ánimo porque nos puidemos quedar á mesma distancia da que estabamos. No minuto 87 seguiamos á mesma distancia (4 puntos). Non foi algo que sucedese moito antes diso, senón quedando 3 minutos para o tempo real, máis o engadido. Por tanto fodidos por ese feito. Pero isto segue e hai un partido mañá; e hai outro partido o domingo que vén en San Fernando... Queda toda a segunda volta por diante e se fomos capaces de recortar moitos puntos respecto de distintos rivais, ten que darnos a esperanza de que de pode volver suceder e a ver se sucede da mellor maneira posible, porque o ritmo de puntos que levan os equipos de arriba tampouco é un ritmo habitual ou normal. Esperemos que todo se equilibre un pouco e que sexamos capaces de facer unha segunda volta que nos leve cara arriba".

Sostén que desde a chegada de Alfredo Santaelena ao banco do CF Rayo Majadahonda, "o equipo trata de xogar desde atrás. Ten xogadores de moi bo pé, sobre todo nos seus centrocampistas e nos seus xogadores intermedios. Ten aí unha serie de xogadores, agora tamén reforzado con Javi Ros, con experiencia noutras categorías superiores".

Así pois, considera aos madrileños "un equipo que se anima a xogar, ten unha forma de defender moito máis activa da que tiña e que evidentemente nos vai a facer ter que estar moi atentos porque aquí en ABANCA-RIAZOR e en todos lados o que ten que ser o protagonista é o Dépor".

Preguntado polo mercado e os posibles reforzos, Óscar Cano resolveu a cuestión ao asegurar que o cadro actual "é un gran cadro", considérao "moi completo", aínda que como en "calquera club do mundo todo ten unha marxe de mellora. Dicir que o cadro é bo non é non dicir que é mellorable porque todo é mellorable", conclúe.