RCD / NOVAS

Pablo Brea xogará cedido no Coruxo FC

17/07/2019 19:07

O porteiro internacional de #anosacanteira Pablo Brea Fontáns (Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001) xogará cedido a próxima temporada no Coruxo FC no grupo I da Segunda División B.

Esta cesión e salto de categoría significa un novo paso adiante na formación e progresión dun dos xogadores con proxección da factoría de Abegondo.