RCD / NOVAS

Pablo García, novo membro do departamento de scouting do Deportivo Abanca

07/07/2017 13:40

Pablo García Rodríguez (Xixón-Asturias, 3 de setembro de 1971), adestrador nivel II con experiencia na Primeira División feminina, forma parte desde hoxe do departamento de scouting do Deportivo Abanca.

Pablo García leva vencellado durante case dúas décadas ao fútbol feminino, desde que chegou ao Oviedo Moderno CF no ano 2000. Anteriormente adestrara ao UD Gijón Industrial Cadete (1997-1998) e Xuvenil (1998-1999) e ao Codema CF Xuvenil (1999-2000).

O preparador asturiano traballou no Oviedo Moderno CF durante as últimas 17 temporadas, 8 delas como máximo responsable do primeiro equipo. Na primeira delas, logrou o ascenso á entón coñecida como Superliga, categoría na que dirixiu ao conxunto ovetense nas Temporadas 2001-2002, 2002-2003, 2003-2004, 2005-2006, 2006-2007 e 2007-2008. Entre medias, coincidindo co seu nomeamento como coordinador do club, no curso 2004-2005 fíxose cargo do segundo equipo.

En 2008 fíxose cargo do equipo Cadete, que tivo nas súas mans durante dúas temporadas, antes de regresar ao equipo B (2010-2011) e volver tomar as rendas do primeiro cadro (2011-2012) para levalo ao título do grupo 1º de Segunda División, aínda que na fase de ascenso non puido devolvelo á máxima categoría.

O tres campañas seguintes (2012-2013, 2013-2014 e 2014-2015) comandou de novo ao equipo B. Nos dous últimos cursos (2015-2016 e 2016-2017) foi adestrador, novamente, do equipo Cadete.