RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Martínez realizou xa esta mañá unha parte do adestramento co grupo

Pablo Martínez entra na fase final da súa recuperación. O central branquiazul realizou hoxe mércores, na volta ao traballo do equipo branquiazul despois da xornada de descanso de onte martes, boa parte do adestramento co grupo. O hispano-francés retirouse aos vestiarios no último exercicio da mañá, tal e como estaba previsto.

Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño agardarán agora á súa evolución nos próximos días para saber se Pablo Martínez está en disposición de entrar na convocatoria para o partido en Fuenlabrada deste domingo 27 de novembro ás 17:00 (InSports.tv), correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Arrancaron a semana con traballo individualizado Villares e Borja Granero; mentres que Dani Barcia foi o representante de #ANOSACANTEIRA esta mañá.

Os Nosos encaran xa un final de ano 2022 frenético. De feito, esta mesma mañá Mario Soriano pediu en rolda de prensa "seguir nesta dinámica" do partido ante a Cultural Leonesa do pasado domingo, no que só fallou o resultado, e "a por estes 5 partidos últimos que nos queda de ano, moi importantes e claves para a temporada", comentou.

Esta mañá, ademais dun quecemento cun xogo de posición, Óscar Cano dispuxo un exercicio táctico defensivo e un torneo de fútbol reducido, de alta intensidade.

O Dépor adestrarase de novo en Abegondo mañá xoves a partir das 10:30 horas.