RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Florin Andone

O xogador Florin Andone sufriu onte, no partido ante a UD Las Palmas no Estadio ABANCA-RIAZOR, unha lesión muscular grao un no xemelgo interno da súa perna esquerda.

Os Servizos Médicos do Club informaron á Federación Romanesa de Fútbol, que citou ao futbolista para dous partidos amigables.

Andone debe permanecer uns días con tratamento médico e de fisioterapia, ata que a súa evolución lle permita iniciar a etapa de readaptación deportiva, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.