No adestramento de onte mércores, o futbolista do Deportivo Sergio sufriu unha caída sobre o brazo esquerdo, que lle ocasionou unha fractura sen desprazamento da porción distal do radio esquerdo.
Os Servizos Médicos do Deportivo procederon a aplicarlle unha inmovilización sintética para adestrar e competir.