RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Trilli

Trilli, avaliado onte polos Servizos Médicos do Real Club Deportivo, sofre unha lesión muscular no psoas ilíaco e estará uns días con adestramento personalizado ata que a súa evolución permita incorporarse á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

O canteirán branquiazul foi substituído o pasado mércores en ABANCA-RIAZOR ante o CF Talavera de la Reina por Antoñito no minuto 74. En rolda de prensa, Borja Jiménez aclarou que o cambio se debeu a problemas físicos á vez que expresou o seu desexo de que non fose nada grave.

Pola súa banda, Raúl Carnero, cunhas molestias nos isquiotibiais, estará hoxe venres con tratamento personalizado. Os Servizos Médicos estarán pendentes da súa evolución nas próximas horas para saber se este domingo está en condicións de competir ante o San Fernando CD Isleño, en ABANCA-RIAZOR ás 19:00 horas.