RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Partido grande para o Dépor ABANCA, co X Trofeo Teresa Herrera feminino en xogo ante o FC Famalicão

O Deportivo ABANCA, vencedor do Trofeo Cidade de Gaia o pasado sábado na súa estrea nesta pretemporada, encara a X edición do Trofeo Teresa Herrera.

O encontro, único do verán na Coruña para as branquiazuis, disputarase en ABANCA-RIAZOR mañá sábado 13 de agosto ás 18:00 horas, antes da final masculina, co FC Famalicão luso como rival.

O partido retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Causan baixa para o partido Carlota Sánchez, que se recupera da operación cirúrxica á que foi sometida nas vacacións para solucionar unhas molestias que arrastraba no seu xeonllo esquerdo; Samara, afectada dun proceso vírico; e Aroa Guerra, cunha escordadura de nocello.

A convocatoria de Irene Ferreras está formada por: Yohana, Lorena Reina, Henar, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Carlota Suárez, Laura Fernández, Millene, Lucía, Ainhoa Marín, Patri López, Raquel García, Charle, Letti, Cris Martínez; ademais das canteirás Tati, Nuria Gómez, Paula Novo e Marta Rico.

Na última edición hai un ano, o Valadares Gaia FC, tamén portugués, levou o trofeo nos penaltis despois de acabar o tempo regulamentario en empate (0-0).

Concluído este segundo amigable, o Dépor ABANCA terá o domingo 14 de agosto xornada de descanso.

O calendario de pretemporada do Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Valadares Gaia FC 2 - Deportivo ABANCA 4 (Carlota Suárez, Millene -2- e Eva Dios)
Deportivo ABANCA - FC Famalicão (X Trofeo Teresa Herrera), sábado 13 de agosto, 18:00 h., ABANCA-RIAZOR
Deportivo ABANCA - SD Eibar, mércores 17 de agosto, 18:00 horas, campo de fútbol de Santianes (Colunga, Asturias)
Viajes InterRías FF - Deportivo ABANCA (Trofeo Concello de Sanxenxo), domingo 21 de agosto, 19:00 horas, campo Novo San Pedro (Vilalonga, Pontevedra)
Deportivo ABANCA - Real Oviedo (Trofeo Emma Cuervo), domingo 28 de agosto, 18:00 horas, Estadio Pepe Barrera (Ribadeo, Lugo)
Deportivo ABANCA - Athletic Club B, sábado 3 de setembro, 18:00 horas, Campo Municipal Les Caleyes (Villaviciosa, Asturias)