RCD / NOVAS

Pedro Sánchez: "O Dépor soubo sufrir"

08/08/2018 23:05

Pedro Sánchez e Domingos Duarte foron os protagonistas na zona mixta do Estadio Anxo Carro de Lugo.

O atacante deportivista, autor do segundo tanto esta noite, afirmou que a pesar do triunfo "nestes partidos sempre se pode mellorar e hai que mellorar. Estamos para puír os pequenos detalles para estar o mellor posible dentro de dúas semanas".

Lembra Pedro Sánchez que a Segunda División é "diferente a todas as ligas. Hai que adaptarse ao que os equipos teñen. Viuse que co 2-1 tivémonos que poñer o mono de traballo. Ás veces hai que sufrir e hai que saber sufrir. O equipo soubo sufrir".

Pola súa banda, Domingos Duarte, que arrincou de inicio o choque en Lugo facendo parella con Eneko Bóveda no centro da zaga branquiazul, indicou que "sentín ben. Gustoume a forma de xogar do equipo. O equipo está ben e agora temos que seguir traballando para a fin de semana que vén".

Cualificou de "moi boa" a súa adaptación ao equipo, á cidade e ve ao Dépor capacitado para loitar polo ascenso: "É o que queremos", concluíu.

Máis novas de: PEDRO SÁNCHEZ, DOMINGOS DUARTE