RCD / NOVAS

Peke amplía a súa vinculación co Deportivo ABANCA por dúas temporadas máis

10/05/2018 15:49

Ainize Barea Núñez (Arrigorriaga-Biscaia, 25 de xaneiro de 1992), coñecida deportivamente como Peke, ampliou este mediodía a súa vinculación co Deportivo ABANCA por dúas temporadas máis.

A rápida e polivalente futbolista chegou o pasado verán á Coruña procedente do Santa Teresa CD de Badaxoz, equipo co que disputou LaLiga Iberdrola as dúas anteriores campañas.

Con este acordo comeza xa a configurarse o Dépor Abanca 2018-2019 para afrontar o seu terceiro ano de existencia.