RCD / NOVAS

Prezos das entradas de público para o Dépor-Oviedo deste sábado en Foz

09/08/2018 13:24

Tralo partido de onte en Lugo, ao Dépor só quédalle un amigable de pretemporada antes de que arranque a liga.

Será este sábado 11 de agosto ás 19:00 horas no campo Municipal Martínez Otero de Foz, co Real Oviedo como rival; e co trofeo Vila de Foz en xogo.

A organización fixou os seguintes prezos para as entradas:

-Maiores de 16 anos: 15 euros

-De 10 a 16 anos: 7 euros

-Menores de 10 anos: gratis

Este é o calendario completo da pretemporada do Dépor:

Sábado 21 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo: Fabril 1 - Dépor 3 (Fede Cartabia, Pedro Sánchez e Carles Gil)
Mércores 25 de xullo, As Eiroas: Bergantiños 0 - Dépor 3 (Guilherme, Uxío e Quique González)
Sábado 28 de xullo, El Toralín: SD Ponferradina 1 - Dépor 1 (Borja Valle)
Mércores 1 de agosto, La Devesa (Bembibre): Real Valladolid 1 - Dépor 1 (Fede Cartabia)
Sábado 4 de agosto, Cantarrana (Viveiro): UP Langreo 0 - Dépor 3 (Borja Valle, Caballo e Uxío)
Mércores 8 de agosto, Anxo Carro: CD Lugo 1 - Dépor 2 (José Carlos en propia meta e Pedro Sánchez)
Sábado 11 de agosto, Municipal Martínez Otero (Foz), 19:00 h.: Real Oviedo - Dépor