RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Primeira sesión de Jonathan e Manu, con Luisinho tamén no grupo

  O Deportivo arrancó a semana de adestramento en Abegondo xa coa presenza do dianteiro Jonathan Rodríguez e o porteiro Manu. Además, Luisinho se ejercitó con total normalidade co grupo.

Só se adestraron á marxe Manuel Pablo, Fabricio, Lopo, cunha contusión no xemelgo dereito, e Fede Cartabia, que seguirá un plan preventivo ao non poder xogar en Valencia, salvo que o Dépor pague unha penalización económica recollida no seu contrato de cesión.
 
A sesión consistiu nun torneo de partidos en espazo reducido, co persoal dividido en catro equipos.
 
O plan de adestramentos, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é o seguinte:
 
Mércores 26 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo
 
Xoves 27 de agosto
10.30: Adestramento en Abegondo
18.30: Adestramento en Abegondo
 
Venres 28 de agosto
17.30: Adestramento en Abegondo
 
Sábado 29 de agosto
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada