RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Primeira sesión do día en Abegondo xa con Lopo no grupo

O primeiro equipo éntrenseó esta mañana en Abegondo na primeira sesión prevista para hoxe xoves.

Tras un quecemento e traballo preventivo nun dos ximnasios da cidade deportiva, os futbolistas branquiazuis, baixo un intenso vento, realizaron un exercicio táctico (repregamento, contraataque...) e antes especializado por liñas nos campos 2 e 3.

Lopo completou o adestramento con normalidade. Traballaron á marxe Manuel Pablo e Oriol Rise, este á espera de probas médicas para ditaminar o alcance das súas molestias nos isquiotibiais. Fede Cartabia, cun plan individualizado, realizou unha parte da sesión co grupo e outra parte co readaptador Pablo López.

Esta tarde, o equipo está citado en Abegondo de novo ás 18.30 horas.