RCD / NOVAS

Primeiro adestramento de Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya nun Dépor ABANCA que recibiu a visita do Consello de Administración

15/01/2020 19:55

Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya, que esta mañá pasaron o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña, completaron esta tarde con normalidade o seu primeiro adestramento co Deportivo ABANCA en Abegondo.

O conxunto deportivista recibiu ademais a visita do Consello de Administración, encabezado por Fernando Vidal, que se reuniu coas xogadoras e técnicos no vestiario da Cidade Deportiva.

Mañá xoves, o Deportivo ABANCA adestrarase ás 16:00 horas nunha nova sesión de preparación de cara ao encontro ante o Real Betis en Abegondo, previsto para o domingo 19 de xaneiro (18:30 horas, Gol).