RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Primeiro test para o Deportivo ABANCA, mañá domingo ás 12:00 en Abegondo ante o Torre

O Deportivo ABANCA, que iniciou a pretemporada o pasado martes 18 de xullo, ten mañá domingo 30 de xullo o seu primeiro test. Será ás 12:00 horas no campo 7 da Cidade Deportiva de Abegondo ante o Torre, conxunto que milita na Primeira División Autonómica.

Polo demais, o cadro deportivista non deberá disputar a fase preliminar da Copa Deputación da Coruña, na que entrará nos oitavos de final, nos que se enfrontará ao gañador da eliminatoria previa de mañá domingo entre o Deportivo Orzán e o Portazgo.

O prato forte da pretemporada para as xogadoras que dirixe Manu Sánchez será o V Trofeo Teresa Herrera, que se celebrará o 5 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR, co Athletic Club como rival.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA - Torre (Cidade Deportiva de Abegondo, campo 7)

5 de agosto: Deportivo ABANCA - Athletic Club (Estadio ABANCA-RIAZOR)

6 de agosto: Deportivo Orzán ou Portazgo - Deportivo ABANCA, nos oitavos de final de Cópaa Deputación

9 de agosto: Sporting Braga - Deportivo ABANCA (Braga, Portugal)

15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Victoria FC (A Reigosa, Friol)

26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)

O Deportivo ABANCA conta con 22 xogadoras no seu cadro cara á Temporada 2017-2018: Anita, Malena e Sheila (porteiras), Cris, Miga, Miriam, Raquel, Silvia Mérida, Laura Vázquez e Patri Rúa (defensas), María Corral, Tere Abelleira, Kika Moreno, Lía, Gere e Iris (centrocampistas), Estefi, Nuria, Gaby García, Peke, Jone Bilbao e Sara (dianteiras).